O territorio que denominamos Terras do Ulla e Tambre é unha zona cun importante potencial turístico que está moi pouco explotado. Polo tanto, o obxectivo principal do Plan de Mellora da Calidade Turística de Portodemouros é acelerar o crecemento turístico de forma sostible, é dicir, favorecendo as relacións entre os turistas e os residentes, xerando riqueza na zona (ingresos ós establecementos, postos de traballo, etc.) e garantindo que sexa unha actividade respectuosa co medio ambiente e o patrimonio cultural.
O Plan é un instrumento de coordinación, cooperación e integración de políticas nun destino turístico, entre dous niveis de administración diferentes, autonómica e local. Mediante un convenio entre a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña dotouse a este Plan dun Orzamento de 1.200.000 €, achegados a partes iguais por ambas administracións, para a súa execución entre 2006 e 2009. Dito convenio establece os seguintes obxectivos:
© Plan de Mellora da Calidade Turística de Portodemouros 2008
Aviso legal
Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña - Tfno.: 981 080300 / Fax: 981 080300