08.01.2010
O próximo 20 de xaneiro comezará en Madrid a Feria Internacional de Turismo (FITUR) e as Terras de Ulla e Tambre contarán con representación no Stand de Galicia, situado no pavillón 9.
Trátase dunha das feiras máis importantes do mundo que terá unha duración de 5 días: os 3 primeiros son para profesionais do turismo e a fin de semana o público poderá achegarse ata IFEMA.
Dentro deses 3 primeiros días, en concreto o mércores día 20 ás 18:00 realizarase a presentación “Maxia e Ocio no Camiño: Paquetes Turísticos das Terras de Ulla e Tambre” na sala de actos do stand galego, e de seguido haberá unha degustación de produtos gastronómicos típicos da zona. Unha vez máis contarase co apoio e presenza de representantes dos concellos do territorio así como responsables da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
© Plan de Mellora da Calidade Turística de Portodemouros 2008
Aviso legal
Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña - Tfno.: 981 080300 / Fax: 981 080300