
Móbil: 620841621
e-mail: ferventia@gmail.com
Web: www.ferventia.com
Enderezo Florentino López Cuevillas 16-1º
MELIDE
Outra información
Empresa nova adicada o turismo activo e de tempo libre. Acolle tanto a grandes grupos como a pequenos para todo tipo de actividades. Organiza paquetes con establecementos da zona, etc.
Actividades de turismo activo e de aventura( deportes de auga: rafting, kaiak, etc.cordas:escalada, tiro con arco) servizos deportivos e de tempo libre. Sendeiros, organización de eventos, cursos formativos piragüismo, tempo libre, etc.
24h ó día os 365 días do ano. En base a unha programación, contratan actividades por adiantado.
Con base en Melide pero traballa por todo o territorio galego e en particular nos arredores, incluíndo o mapa do Plan de Mellora de Portodemouros.


Teléfono: 981597166 Móbil: 699057007
Web: www.turnauga.es
Enderezo Santiago de Chile, 13 Local 21
15706 Santiago de Compostela
Outra información


Tipo: Actividades de ocio
Enderezo Rúa Benito Blanco Rajoy, 6
15006-ARZÚA
Outra información Quads

Teléfono: 981195729
e-mail: casadoqueixo@terra.es
Web: www.casadoqueixo.com
Enderezo Casal de Abaixo, 2 (Grixalva)
SOBRADO
Outra información
Restaurante-granxa escola-albergue
Establecemento tradicional. . Recuperación de actividades tradicionais,obradoiros innovadores- albergue. Granxa escola: actividades con nenos. Restaurante:cocido, cordeiro, carne ó queixo.
Capacidade do albergue: 60 prazas. Restaurante: 70 e 90 no comedor de nenos
Aberto de luns a xoves de 10 a 22h e fins de semana de 10 a 2.00h.


Enderezo Pazo de Quián, Sergude. BOQUEIXÓN
Outra información
O Pazo de Quián é o Centro de Referencia que nace para promover e difundir esta raza equina, para o que conta con amplas instalacións onde ademais de cabaleirizas ou zona de doma, hai espazo para un museo e para actividades didácticas.
O Centro de Referencia e Mostra do Cabalo de Pura Raza Galega pretende garantir a supervivencia desta variedade equina a través dunhas instalacións que contan con cadras adecuadas para o mantemento de exemplares e para a sua presenza nas diversas disciplinas hípicas. O centro emprégase para expoñer exemplares de raza tanto ós criadores como ó público en xeral e constitúe unha parada pública de sementais particulares tendo en conta a demanda existente de sementais de pura raza galega.
As instalacións de Sergude, que tamén son sede da Asociación de Pura Raza de Cabalo Galego e da Escola Oficial de Xuíces, alberga un centro de ensinanzas ecuestres. Tamén se poñen en marcha neste centro programas de mellora xenética de exemplares, así como estudos e proxectos encamiñados á mellora desta raza. Asimesmo, o centro funciona como lugar de desbrave, doma e posta en práctica de equitación de exemplares destes cabalos.
O centro conta cunha zona de descanso para cabalos, un edificio picadeiro, un camiñador exterior e un edificio de oficinas que, entre outros habitáculos, conta cun laboratorio, salas de cubricións e extraccións, local de almacenamento de xermoplama e un museo. Este museo, conta xa con numerosos obxectos, e os carruaxes tradicionais galegos forman unha parte importante dos séus contidos.

Teléfono: 981 77 74 61 Móbil: 616 358 532 // 680 534 191
e-mail: medraenverde@gmail.com
Enderezo A Matés s/n, Vilasantar
15807 Vilasantar (A Coruña)
Outra información
A Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar ten como principal obxectivo a difusión e posta en valor das potencialidades e recursos que ofrece o eido rural. O seu equipo de profesionais ofrece formación, consultoría e asesoramento en materia de gandeiría, agricultura, sector forestal e ambiental. Tamén desenvolve durante todo o ano actividades no campo educativo, de lecer e de formación para grupos de escolares, adultos, familias, asociacións e profesionais.
A Escola de Agricultura Ecolóxica, situada nun contorno natural privilexiado, dispón de amplas instalacións (albergue, aulas, taller, cortes, galiñeiro, invernadoiros, hortas, laboratorio) para o desenvolvemento das súas actividades. Ten capacidade para 26 persoas.


Outra información
A piscina municipal, situada na pista da Fraga de Présaras, abre as súas portas no verán, ata o mes de setembro. Horario de 12:00 a 20:00 todos os días da semana.
Prezos:
Pase día: 3 €
Bono verán residentes: 4 €
Bono verán non residentes: 12 €
© Plan de Mellora da Calidade Turística de Portodemouros 2008
Aviso legal
Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña - Tfno.: 981 080300 / Fax: 981 080300