Calidade certificada

MACT, Q de Calidade e Rutas del Vino de España

As Terras de Ulla e Tambre son un territorio exemplar en canto a distintivos de Calidade. 60 servizos turísticos foron distinguidos co “Compromiso de Calidade Turística” outorgado pola Secretaría de Estado de Turismo, durante un proceso de formación e auditoría que se levou a cabo mediante o Plan de Mellora da Calidade Turística de Portodemouros. Alén deste distintivo, as Terras de Ulla e Tambre locen en 17 Casas de Turismo Rural a Q de Calidade, o distintivo de maior prestixio no Estado Español e un referente internacional. Sen embargo, o compromiso de calidade dos empresarios non remata no MACT e na Q de Calidade, xa que Terras de Ulla e Tambre conta con dous establecementos distinguidos coa marca de calidade Rutas del Vino de España.

 

 O MACT (Modelo de Aproximación á Calidade Turística)

O Modelo de Aproximación á Calidade Turística (MACT) é o conxunto de productos, instrumentos e metodoloxías que, dende a Secretaría General de Turismo, se pon a disposición das empresas e servizos turísticos dun destino, para facilitar o emprego progresivo de metodoloxías de xestión e mellora da calidade na prestación do servizo.

 

Obxectivos do MACT

 

“Crear conciencia de servizo entre os subsectores beneficiarios a través da iniciación na xestión da calidade, a partires da metodoloxía e o uso de ferramientas propostas e deseñadas dende unha visión unitaria de destino”. Deste obxectivo xeral derívanse os seguintes obxectivos específicos:

 

  • Fomentar dende a Xerencia dos Pláns de Dinamización a mellora da calidade na prestación de servicios dos subsectores implicados.
  • Aumentar a conciencia de destino turístico entre os prestadores de servizos
  • Recoñecer a participación de persoas e distinguir aos establecementos/servizos
  • Capacitar os recursos humáns do sector e fomentar neles a cultura da calidade
  • Incentivar ás empresas/participantes dos distintos subsectores turísticos a mellorar a prestación de servizos.


A Q de Calidade

A Marca Q, o elemento mais visible de todo o Sistema, cuxa denominación xenérica é "Calidad Turística Española", e é común a calquera actividade relacionada cos servizos e produtos turísticos. O ICTE administra e xestiona en exclusiva dita Marca emitindo no seu caso a correspondente actualización para o seu uso e vixiando a adecuada utilización.

A Marca de Calidade Q  cumpre cunha serie de características aportando prestixio, diferenciación, fiabilidade e rigor ós establecementos turísticos certificados.

Trátase dunha marca prestixiosa, porque demostra o compromiso do establecemento certificado por alcanzar a plena satisfacción do cliente, cubrindo as necesidades e superando as súas espectativas, ofrecéndolle un servizo excelente. 

Ademais é unha marca diferenciadora , porque só poderá obterse por aqueles establecementos que aseguren uns niveis de calidade establecidos pola Norma de Calidade de Servizos.

Tamén é fiable, porque  os mecanismos empregados para evaluar o cumprimento ou non dos requisitos solicitados polas Normas son independentes do propio sector e están deseñados dacordo á normativa intersectorial.

É rigurosa, porque  para obtela é imprescindible superar unhas probas de carácter obxectivo establecidos nos Reglamentos e Normas.

Outra das súas funcións é a promoción que exerce ante os consumidores polas administracións.

A imaxe da Marca de Calidade Turística Española , con mais de 2.000 establecementos certificados co seu selo correspondente, comeza a ser recoñecida a nivel nacional e internacional. Este recoñecemento tanto do consumidor nacional coma dos operadores e consumidores emisores é un obxectivo primordial, obtendo resultados positivos.

 

 

Rutas del Vino de España

Unha Ruta del Vino certificada  é aquela que acredita periódicamente o cumprimento dos criterios de calidade e produto que ACEVIN e a Secretaría de Estado de Turismo estableceron no Manual de Producto Turístico Rutas del Vino de España. Neste manual defínense un conxunto de requisitos aplicables á entidade xestora da ruta, tales como o sistema de xestión da mesma, a sinalización, as accións de promoción e apoio á comercialización, así como os relativos ás distintas tipoloxías de establecementos que poden formar parte dela: restaurantes, aloxamentos, bodegas, comercios, etc. Polo tanto, a marca Rutas del Vino de España establece uns criterios de calidade e diferenza a estas rutas frente a outras propostas enoturísticas, o cal proporciona confianza a quen as elixe.

As Rutas del Vino de España constitúen un grupo nutrido e representativo de territorios vitivinícolas correspondentes a distintas denominacións de orixe que, desde fai anos, veñen traballando baixo a tutela da Administración do Estado e a Asociación Española de Ciudades del Vino (ACEVIN), na creación dun produto de calidade que permita xenerar experiencias únicas e memorables ligadas á cultura e ó mundo do viño para persoas que buscan un novo concepto de turismo.

Existen outras rutas enoturísticas, pero soamente as Rutas del Vino de España garanten unha visita acorde ás expectativas do turista en calquera das bodegas que forman parte delas, a perfecta combinación dos viños e a gastronomía local nos seus restaurantes, aloxamentos con encanto no marco dos territorios e paisaxes vitivinícolas, museos capaces de despertar sensacións non experimentadas anteriormente e actividades únicas e singulares relacionadas co mundo do viño.

 

 

 

Actualidade

Terras de Ulla e Tambre

© Plan de Mellora da Calidade Turística de Portodemouros 2008  Aviso legal
Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña - Tfno.: 981 080300 / Fax: 981 080300